Comenzamos curso rememorando as viaxes do Moucho!
O ano pasado fomos testemuñas do periplo aventureiro do noso Moucho Moncho, todo un intrépido viaxeiro que percorreu países coma Francia, con estadía en Burdeaux, Lorena e París. Dende alí trasladouse a Estrarburgo. Non deixou de visitar Londres no verán, que se está máis fresquiño ca en Padrenda. Tamén andou pola cidade eterna, Roma e a cidade de Florencia. Disfrutou da pizza coma ninguén. Pero, tamén descubriu zonas do noso país, foi a Sevilla e visitou as Canarias, se por andar, andar, dicir que chegou ata Arxentina, menudo el. Este mapa representa as viaxes realizadas ata o de agora.
Cales serán os seus vindeiros destinos?
O mapa vaille quedar pequeno.
Seguiremos informando…
Comentarios
Publicar un comentario